A confraría ultima a segunda fase do proxecto ambiental Econoia

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

NOIA

CARMELA QUEIJEIRO

Os mariscadores tiñan previsto efectuar unha nova limpeza hoxe, pero foi cancelada polo mal tempo

19 feb 2021 . Actualizado ás 10:14 h.

A confraría de Noia mantén a súa aposta pola conservación do medio natural e ultima a elaboración da segunda fase do proxecto Econoia, encamiñado tanto a sensibilizar sobre os prexuízos do lixo mariño como a retirala dos areais.

Precisamente, hoxe estaba previsto que os mariscadores efectuasen unha nova limpeza, pero foi cancelada debido ás previsións de mal tempo.