A Escuadra Berberecho mantén as datas do Rali de Noia

LA VOZ

NOIA

CARMELA QUEIJEIRO

O equipo estudará a posibilidade de variar a súa celebración ante o interese dalgúns dos municipios polos que pasarán os tramos

25 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A Escuadra Berberecho agarda que as últimas restricións non condicionen a posta a piques dun Rali de Noia que regresará a Barbanza os días 16, 17 e 18 de abril. En principio, o equipo mantén todo como tiña previsto a principio de ano, aínda que estuda a posibilidade de variar as datas ante o interese dalgúns municipios polos que pasarán algúns tramos da proba.