O Agustín Mourís acollerá o derbi entre Noia e Santiago Futsal

a voz RIBEIRA / LA VOZ

NOIA

MARCOS CREO

Aínda que os da capital chegan ao duelo sen apenas rodaxe por culpa do covid, os noieses saben que non serán un rival doado

27 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Noia Portus Apostoli só coñece a vitoria esta tempada 2020-2021. Tras vencer ao Parrulo na Copa do Rey , os de Marlon Velasco regresarán mañá, a partir das 18.30 horas, ao parqué do Agustín Mourís, onde disputarán o derbi contra o Jerubex Santiago Futsal.

Aínda que os da capital chegan ao duelo sen apenas rodaxe por culpa do covid, os noieses saben que non serán un rival doado. Non o foron nunca ata a data, polo que deberán un paso á fronte para manter a súa boa serie de xogo e resultados e levar o primeiro derbi do curso.