Un operario, ferido leve ao caer da escaleira na que traballaba en Noia

La Voz

NOIA

MARCOS CREO

Unha ambulancia trasladouno ao PAC de Noia

13 jul 2020 . Actualizado ás 21:40 h.

Un operario que traballaba no edificio de Casino de Noia resultou ferido leve ao precipitarse da escaleira na que realizaba as súas tarefas. Segundo apuntaron fontes do dispositivo de auxilio, no que participaron Policía Local, Garda Civil e o equipo de urxencias municipal, o home impactou co peito no chan. Unha ambulancia trasladouno ao PAC de Noia.