Delio Sánchez exhibe a súa colección «Moods» no Liceo de Noia

M. X. B. RIBEIRA

NOIA

cedida

A exposición está formada por preto de trinta obras de diferentes estilos, que van desde o expresionismo ata a completa abstracción

19 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Moods é o título da exposición que Delio Sánchez presenta no Liceo de Noia. Está formada por preto de trinta obras de diferentes estilos, que van desde o expresionismo ata a completa abstracción. A colección foi presentada por José Blanco Abeijón, o coordinador da sala. Entre o público estaban Pedro García Vidal, Xerardo Agrafoxo, Emilio Mariño e Veiras Manteiga.