O PSOE de Noia pide que se faga un plan de limpeza de ríos e canalizacións de pluviais

ribeira LA VOZ

NOIA

MARCOS CREO

A proposta realizarase tras comprobar as consecuencias que o último temporal tivo no municipio

19 ene 2020 . Actualizado ás 17:51 h.

O Partido Socialista de Noia presentará no próximo pleno unha moción para solicitar ao Concello que se elabore un plan periódico de limpeza das canles dos ríos, regachos e das canalizacións de augas pluviais. A proposta será realizada tras comprobar as consecuencias que o último temporal tivo no municipio, onde se produciron numerosas inundacións e varias pontes, camiños e leiras acabaron deteriorados.