O proxecto de cubrir a ponte de San Lázaro foi refugado por pégalas de Patrimonio

La Voz NOIA / LA VOZ

NOIA

CARMELA QUEIJEIRO

Non se descarta mesmo a posibilidade de construír unha nova infraestrutura

07 dic 2019 . Actualizado ás 12:14 h.

Pégalas de Patrimonio ao proxecto para instalar unha pasarela cuberta para os peóns na ponte de San Lázaro levou ao goberno de Noia a deixar aparcada a iniciativa. A intención do executivo que encabeza Santiago Freire é realizar un estudo detallado das opcións que existen para actuar sobre o viaduto.

Neste sentido, non se descarta mesmo a posibilidade de construír unha nova infraestrutura. O proxecto da pasarela tamén levaba consigo unha obra para ampliar o radio de xiro no extremo do posto que conecta con Escultor Ferreiro para facilitar o paso de vehículos pesados. Agora, farase un estudo en profundidade e valorarase a opción de ampliar o viaduto ou facer un novo.