O ilustrador Luis Davila ensina técnicas de debuxo no Liceo de Noia

M. X. B. RIBEIRA

NOIA

cedida

Participará na xornada de clausura das xornadas V de Viñetas

17 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

As xornadas do cómic V de Viñetas chegan hoxe ao seu fin no Liceo de Noia cunha clase maxistral a cargo de Luis Davila. Entre as 11.00 e as 12.30 horas, o ilustrador mostrará as súas técnicas de debuxo nun taller.

Posteriormente e como broche do ciclo, Davila participará nunha firma de libros á que se sumarán outros ilustradores que estiveron impartindo talleres e ofrecendo charlas durante a fin de semana. Trátase de Anxo da Rúa, Pablo Velarde, Anemone de Río e José Malvárez. No Liceo tamén hai aberta unha exposición sobre o cómic e hai tres librerías instaladas.