O plan municipal de reparación de beirarrúas esténdese á parroquia de Barro

M.G. NOIA

NOIA

CEDIDA

Están a realizarse melloras en distintos puntos do termo noiés

11 oct 2019 . Actualizado ás 17:31 h.

O plan municipal de reparación de beirarrúas posto en marcha polo goberno local de Noia estendeuse estes días á parroquia de Barro, onde se están realizando intervencións en distintos puntos co obxectivo de mellorar a seguridade dos viandantes.

Segundo explicou o concelleiro de Obras, Martín Fernández Godón, trátase de pequenas actuacións, pero que redundan en beneficio dos veciños. Así mesmo, destacou que nos últimos tempos o Concello realizou obras similares en beirarrúas de Argote e de distintas rúas da vila noiesa. Ademais, tamén se construíron novos tramos de senllas peonís en lugares como O Obre, Orro, Sueiro, Boa e San Bernardo.