O Noia abrirá o curso no Agustín Mourís contra o Real Betis

Ribeira | La Voz

NOIA

MARCOS CREO

O Portus Apostoli abrirá hoxe, a partir das 18.00 horas, a tempada no seu feudo, o Agustín Mourís

21 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Noia abrirá hoxe, a partir das 18.00 horas, a tempada no seu feudo, o Agustín Mourís. Os de Marlon Velasco, quen recupera ao seu capitán, David Palmas, enfrontaranse ao Real Betis Futsal. Os sevillanos son un dos firmes candidatos para pelexar polo título da Segunda División, xa que contan con xogadores como Emi Buendía, Chicho, Yera, Ivi, Burrito e Víctor Arévalo.