O Palma Futsal será o rival do Noia no Trofeo Portus Apostoli

Ribeira

NOIA

cedida

O encontro será este mércores, ás 20.30 horas, no Agustín Mourís

19 ago 2019 . Actualizado ás 20:15 h.

O Palma Futsal será o rival do Noia na terceira edición do Trofeo Portus Apostoli, que se celebrará mañá, a partir das 20.30 horas, no pavillón Agustín Mourís. Cun custo de 5 euros para socios, e de 10 para os non abonados, o nivel está máis que asegurado cun adversario que finalizou terceiro en primeira división.