Falece un dos feridos no accidente ocorrido na AC-550, Taramancos, o venres

ribeira

NOIA

CEDIDA

A vítima é Francisco Rodríguez Fernández, veciño de Porto do Son e de 45 anos

20 ago 2019 . Actualizado ás 21:47 h.

Unha das persoas que resultou ferida grave no accidente ocorrido a última hora do venres na estrada AC-550, en Taramancos, faleceu esta mañá no Clínico de Santiago. Trátase dun veciño de Porto do Son de 45 anos, Francisco Rodríguez Fernández, cuxos restos mortais serán velados no tanatorio da localidade unha vez sexan traídos do hospital.

No suceso víronse implicados dous vehículos, un Renault Mégane e un BMW. Precisamente, neste último vehículo viaxaba a vítima, que foi trasladada en helicóptero dada a gravidade das súas feridas. O accidente produciuse ao impactar os dous automóbiles no cruzamento. Outro dos feridos foi levado nunha ambulancia medicalizada ao hospital.