Vegalsa-Eroski pon en valor a orixe e a calidade do produto galego

ribeira

NOIA

cedida

Presentará no seu hipermercado de Noia unha nova campaña comercial

22 jul 2019 . Actualizado ás 14:11 h.

Vegalsa-Eroski pon en valor a orixe e a calidade do produto galego co lanzamento dunha nova campaña comercial que presentará mañá no hipermercado Eroski de Noia, co respaldo de máis de 50 provedores galegos e o selo de garantía de Galicia Calidade.

Ao acto, que terá lugar ás 12.00 horas, asistirán a concelleira de Comercio e Hostalería de Noia, Mariola López; o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Manuel Rodríguez, e o director de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, acompañados polo director de compras de Vegalsa-Eroski, Jorge Eiroa; a directora de relacións institucionais, comunicación e área cliente da compaña, Gabriela González, e o responsable de hipermercados Eroski, Bruno Fernández. Tamén está prevista a comparecencia de provedores, clientes e asociacións da zona. 

Desde mañá e ata o sábado, a compaña efectuará actividades de promoción e degustación para dar a coñecer os produtos.