O Noia xuvenil conquistou o torneo ante o Calo

Jose Manuel Jamardo Castro
j. m. jamardo RIBEIRA / LA VOZ

NOIA

cedida

17 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Noia xuvenil finalizou onte unha gran tempada coa consecución do título de campión da Copa do Sar, tras superar na final ao Calo no campo de Santa Isabel por 3-0.

Os noieses foron moi superiores aínda que nos primeiros minutos do choque os santiagueses tiveron unha boa ocasión para adiantarse no marcador pero que desbaratou o porteiro barbancés Lucas cunha excelente parada.

Iván Rama abriu o marcador no minuto 35, resultado co que acabou a primeira metade. Tras a continuación, o conxunto de Teo foise a por o empate e o cérbero volveu ser decisivo para evitar o gol.

O conxunto noiés saíu algo máis replegado na segunda metade agardando o seu momento para xogar ao contraataque. Anxo, no 63, ampliaba a vantaxe e Álvaro no 78 puña o 3-0 definitivo no marcador que lle daba o trofeo aos xogadores noieses.