Noia ten o seu mellor banco

M. X. B. RIBEIRA

NOIA

cedida

O Concello instalou un asento no monte de San Lois, con vistas á ría

23 mares 2019 . Actualizado ás 16:40 h.

A moda de instalar un banco nun lugar privilexiado chegou a Noia. O Concello decidiu colocar un asento no monte San Lois, a 363 metros de altura. «Tratar dunha zona privilexiada e cunha vista espectacular, pois nun día despexado pódese ver toda a ría de Muros-Noia, así como Porto do Son e Queiruga por unha banda e monte Louro polo outro», explicou a concelleira de Medio Ambiente, Ángela Neri Arufe.

Para a colocación da estrutura, o Concello achandou o terreo e limpou toda a súa contorna. Desde o executivo faise un chamamento aos veciños para que suban ao monte e estreen o novo banco.