O goberno noiés prevé investir 508.000 de euros en melloras nas parroquias

La Voz NOIA / LA VOZ

NOIA

Faranse actuacións na rede de saneamento, en estradas e en parques infantís

23 mares 2019 . Actualizado ás 05:05 h.

Un crédito extraordinario que o goberno de Noia ten previsto aprobar no pleno da semana que vén permitirá dispor de algo máis de medio millón de euros que se investirán en melloras de distinto tipo en todas as parroquias. Os plans do executivo pasan por actuar tanto en materia de saneamento e abastecemento como en estradas e parques infantís.

A partida máis importante dos 508.000 euros que está previsto destinar a estas actuacións irá parar a obras nas redes de saneamento e abastecemento. Os 130.000 euros que se habilitarán servirán para eliminar un punto de vertedura no cruzamento da Xílgara ou para dotar de auga da traída municipal ao lugar de Couto de Arriba. En canto á rede viaria, acondicionarase a rúa Castelao e habilitarase un aparcadoiro nas inmediacións do pavillón de Bergondo, mentres que está previsto actuar nos parques infantís de Orro e San Lázaro. O alcalde sinalou que estas obras responden «ás peticións da veciñanza».