As probas físicas para a selección de policías serán mañá

La Voz

NOIA

monica ferreiros

Os 32 aspirantes están citados, ás 15.30 horas, no campo de fútbol de San Lázaro

23 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Os exames físicos para seleccionar ás persoas que ocuparán as tres vacantes na Policía Local de Noia celebraranse mañá, a partir das 15.30 horas, nas instalacións do campo de fútbol de San Lázaro, para continuar logo cun exercicio na piscina municipal. Un total de 32 aspirantes participarán nesta convocatoria despois de ter superado o test teórico.