Prudencio Romo convertíase en fillo predilecto de Noia

La Voz

NOIA

Non dispoñible

Ao longo da súa carreira profesional atesourou gran número de premios e títulos

07 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A gran achega ao mundo da música do noiés Prudencio Romo foi un dos motivos que levou, hai 28 anos, aos membros da corporación de Noia a votar por unanimidade concederlle o título de fillo predilecto da vila ao fundador do grupo Os Tamara. O título honorífico entregaríase unha semana despois, nun acto ao que asistiron familiares, amigos e veciños.

Pero este non sería o único recoñecemento que recollería Romo pola súa prolífica traxectoria, xa que ao longo da súa carreira profesional atesourou un gran número de premios e títulos. Romo nacera en 1927 en Noia e comezou a tocar con apenas 8 anos, para logo completar os seus estudos musicais en Santiago. En 1957 regresaría á súa vila natal, onde fundou Os Tamara e propuxo pór música ás poesías de Rosalía de Castro e Curros Enríquez. A súa aposta pola lingua e a terra galega foron dous constantes que marcaron a súa vida persoal e profesional ata a súa morte no ano 2007.