Os mariscadores noieses poñen fin a unha exitosa campaña

A.Gerpe

NOIA

carmela queijeiro

A facturación supera os 19 millóns de euros

19 abr 2018 . Actualizado ás 17:37 h.

Os mariscadores de Noia puxeron fin a  unha exitosa campaña na que se bateron marcas, superando os 19 millóns de facturación. Os profesionais mostrábanse satisfeitos á súa chegada á rula e todos destacaban a gran cantidade de produto e os bos prezos, aínda que nalgún momento experimentaron un bajón importante. Agora toda deixar descansar as concesións ata o outono. Con todo, algúns profesionais comezarán a faenar o luns en Muros, concretamente en Abelleira e Virxe do Camiño, no marco dun plan conxunto dos depósitos noiés e muradán.