Hemeroteca: Un centenar de vellas minas localizadas para o seu selado en Muros e Noia

M. X. B.

MUROS

SARA ARES

A maior parte pertencían a explotacións nas que se extraeu wolframio entre 1920 e 1950

11 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Efectuáronse con anterioridade plans para tapiar un importante número de vellas minas existentes na área barbancesa, pero a estas alturas do 2001 vía a luz un informe que aínda cifraba en máis dun centenar os pozos das comarcas de Muros e Noia. A maior parte pertencían a explotacións clandestinas nas que se extraeu wolframio entre 1920 e 1950. Aquel estudo, impulsado pola Consellería de Industria, incluía un proxecto para o selado dos devanditos buracos, cun orzamento de 190.000 euros.

Na mesma zona levouse a cabo un plan similar en 1998, despois de que o ano anterior un boirense falecese tras caer nun pozo que non estaba selado. O informe que vía a luz hai 18 anos alertaba de que moitos pozos estaban tapados pola maleza e que resultaban extremadamente perigosos por atoparse en zonas de paso, sobre todo, lugares nos que habitualmente pastaba o gando e camiños de cazadores.