Muxicas Teatro, unha compaña da ONCE, actúa esta noite en Muros

M. X. B.

MUROS

Santi M. Amil

Presentará Ou inspector, unha comedia de ritmo trepidante, na que dez actores dan vida ao texto clásico de Nikolái Gógol

19 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Mañá • Centro cultural de Muros • 21.30 horas • Un grupo de persoas con discapacidade visual integran Muxicas Teatro, a compaña da ONCE que mañá recalará na vila muradá. Trátase dunha agrupación que ten máis de dúas décadas de experiencia no mundo da interpretación, durante as que conseguiu diversos premios, entre eles, o Max de teatro afeccionado.

A compaña chega a Muros con Ou inspector, unha comedia de ritmo trepidante, na que dez actores dan vida ao texto clásico de Nikolái Gógol. É apta pata todos os públicos.