Hemeroteca: Muros tiña a súa primeira estación depuradora tras un lustro en obras

M. X. B.

MUROS

sande

A infraestrutura situouse en Louro e supuxo un investimento de 11,6 millóns de euros

19 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hai 9 anos dábase un salto importante en Muros en materia de saneamento. Tras un lustro en obras, o municipio contaba ao fin coa primeira estación depuradora de augas residuais. Ao acto de inauguración acudían os entón conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e alcalde, Domingos Dosil. A estación está situada na punta Roxa da Vouga, en Louro, e supuxo un investimento de 11,6 millóns de euros. Está deseñada para tratar as augas residuais de Louro, Muros e Serres, antes de ser enviadas ao océano a través dun emisario submarino.

Durante aquel se acto puxéronse sobre a mesa as carencias en materia de saneamento que seguía tendo o municipio muradán. Algunhas delas solucionáronse tempo despois. De feito, no 2014 tiña lugar o acto de inauguración doutra estación depuradora, situada en Esteiro.