Unha muller resultou ferida nunha saída de vía rexistrada na entrada de Muros

Ribeira / La Voz

MUROS

A condutora foi trasladada ao centro médico do municipio e logo ao hospital de Santiago

23 ene 2019 . Actualizado ás 20:36 h.

A coñecida como rotonda da Tremenda, situada á entrada do municipio muradán, foi escenario esta tarde -sobre as 14.30 horas- dun accidente de tráfico que se saldou cunha ferida leve. Por motivos que se están investigando, o vehículo que conducía saíuse da vía e chocou contra un farol e varios sinais indicativos que había na beiravía.

Axentes da Policía Local e membros do GES de Muros desprazáronse á zona, así como unha ambulancia do 061 que primeiro trasladou á muller ao centro sanitario do municipio e máis tarde ao hospital de Santiago.