Un pequeno tornado derruba unha vintena de árbores e dous postes da luz en Xalfas

La Voz

MUROS

As estruturas do tendido eléctrico quedaron tiradas bloqueando unha estrada

08 novs 2018 . Actualizado ás 17:28 h.

Membros do GES de Muros tiveron que trasladarse hoxe, pasadas as doce do mediodía, ao núcleo muradán de Xalfas, situado na parroquia de Louro, onde se rexistrou un pequeno tornado que acabou derrubando unha vintena de árbores e dous postes da luz. Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais, pero a subministración eléctrica viuse afectado, posto que a forza do tornado fixo que viñesen abaixo as dúas estruturas do tendido eléctrico e rompeu varios cables.

Ademais, estes postes quedaron bloqueando a estrada que conduce a Xalfas, polo que foi necesario a intervención do persoal do GES para retiralos.