Un participante da BTT de Muros tivo que ser trasladado en helicóptero tras sufrir unha caída

J. M. Sande MUROS / LA VOZ

MUROS

SANDE

O incidente produciuse ás 10.15 horas desta mañá na zona de Louro

19 novs 2017 . Actualizado ás 13:24 h.

Un veciño do lugar muradán de Baño, José María Sieira, tivo que ser evacuado en helicóptero tras sufrir esta mañá unha caída durante a súa participación na primeira edición da Ruta BTT Terras de Muros. O incidente produciuse nunha zona de Louro, concretamente na coñecida como o camiño dos muíños de Longarela, ás 10.15 horas. Fuentes presenciais indicaron que o accidente sucedeu nunha pendente con terreo pedregoso.

O accidentado foi trasladado en padiola e logo nunha unidade de UVI móbil, sempre baixo a atención da médico e un técnico sanitario, para ser recollido no campo de fútbol de Louro, onde se facilitou a aterraxe do helicóptero. Os primeiros prognósticos realizados pola doutora de esta proba deportiva apuntan a un politraumatismo e a unha posible rotura de clavícula, aínda que haberá que agardar a coñecer o diagnóstico no hospital. No operativo de rescate tamén participou o GES de Muros e unha ambulancia do centro de saúde de Muros.