Aparece na Picota a muller de 84 anos á que se buscaba en Mazaricos

Xoán Ramón Alvite Alvite
X. R. Alvite LA VOZ

MAZARICOS

alvite

Lidia Cacheiro Martínez foi localizada nunha leira da Picota, en bo estado

19 novs 2019 . Actualizado ás 17:47 h.

A procura de Lidia Cacheiro Martínez, a veciña de 84 anos de Mazaricos que faltaba do seu domicilio desde as 7.30 horas xa concluíu. Dez horas despois de iniciarse o operativo, a muller foi localizada nunha leira da Picota, a un quilómetro escaso da súa vivenda, situada no lugar de Vilariño, na parroquia de Beba. 

A muller estaba desorientada, pero en bo estado. Foi localizada apoiada nun muro e respondeu as preguntas que lle fixeron os equipos de urxencias. O dispositivo de procura estaba integrado por máis de medio centenar de persoas. Entre eles estaban veciños, catro patrullas da Garda Civil, unha do Seprona, o GES de Muros e Protección Civil de Mazaricos. 

Lidia Cacheiro Martínez, que vive co seu irmán e a súa cuñada, foi operada da cadeira e anda con muletas. Debido ás súas dificultades para desprazarse, non é unha persoa que adoite ir camiñar nin saír en exceso de casa.