O Baio foi máis efectivo que o Mazaricos e levou o derbi

Melissa Rodríguez
melissa rodríguez CARBALLO / LA VOZ

MAZARICOS

BASILIO BELLO

A choiva condicionou o atractivo duelo de Primeira Galicia que acabou 0 a 2

05 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Non houbo un claro dominador no derbi de Primeira Galicia entre o Mazaricos e o Baio no que a choiva foi un gran condicionante. Ambos os equipos disputaron o balón, pero os branquiazuis mostraron maior efectividade de cara á portería e levaron o gato á auga: 0-2.

Norberto abriu o marcador no minuto 35 ao rematar un centro de Manu Santiso. Martín MC fixo o definitivo ao plantarse só ante o porteiro e converter un balón en longo de Diego Mallo que Norberto peiteou nunha vaselina.

Os visitantes tiveron unha boa ocasión nun remate de Javi Suárez. Pola súa banda, os locais crearon perigo con tres acciones: nunha falta que Iago cortou, e nun man a man de Biturro e nun libre directo que Diego Mallo defendeu moi ben.

Con este resultado, os de Pablo Torreira regresan á senda do triunfo tras unha derrota e dous empates. Son tres puntos moi importantes que os elevan ata a sétima posición na táboa.

Pola súa banda, para o Mazaricos significou todo o contrario. Supuxo o regreso a unha mala serie de resultados con catro derrotas e dous empates. Entraron nos postos de descenso directo. Van terceiros pola cola.

Ricardo Álvarez salvou os tres puntos para o Soneira no tempo engadido

Custoulle ao Soneira alongar ante o Cordeiro a súa boa serie de cinco xornadas sen perder. levou os tres puntos ante o Cordeiro no tempo engadido co gol de Ricardo Álvarez: 1-2. Cristian Álvarez abriu o electrónico ao fío do descanso e o rival devolveu as táboas á media hora da continuación. Os vimianceses quedaron cun menos no desconto pola dobre amoestación a Alberto Álvarez. Con este resultado, o Soneira continúa líder, con catro puntos de vantaxe respecto ao segundo clasificado, o O Pino.

Todo o contrario lle sucedeu ao Dumbría, que cortou o refacho de seis xornadas consecutivas sen perder fronte ao Flavia: 1-3. Os locais só recortaron distancias na recta final co tanto de Sergio Codesal. Caen á sexta posición.

No grupo coruñés, o Club do Mar de Caión regresou ao mal camiño con derrota por 0 a 2 contra o Deportivo Narón. Ponse quintos pola cola.