Jorge Villar e Estefanía Cives déronse o si quero

RIBEIRA

MAZARICOS

alvite

Tras a cerimonia, a parella trasladouse ao pazo de Cores, na Baña, onde gozou dun suculento banquete arroupada por unhas 150 persoas

21 sep 2019 . Actualizado ás 16:12 h.

A igrexa de San Salvador de Colúns, no municipio de Mazaricos, foi testemuño do si quero que se deron Jorge Villar e Estefanía Cives. Tras a cerimonia, a parella trasladouse ao pazo de Cores, na Baña, onde gozou dun suculento banquete arroupada por unhas 150 persoas. Despois do fiestón, o concelleiro do BNG mazarico e a súa esposa partiron rumbo a un destino paradisíaco, a illa caribeña de Cuba.