Aparatoso accidente sen feridos en Mazaricos

Alvite

MAZARICOS

alvite

A cabeza tractora dun camión saíuse da vía

23 may 2019 . Actualizado ás 15:46 h.

Un bo susto levou o chofer dunha cabeza tractora dun camión cando, tras unha curva, o vehículo saíuse da vía e acabou sobre unha leira. Só a fortuna impediu que envorcase. No aparatoso suceso non se rexistraron feridos. O accidente tivo lugar na estrada AC-3404, ao seu paso pola localidade de Chacín, no municipio de Mazaricos. Ata o lugar acudiò Protección Civil de Mazaricos