Un libro recolle a traxectoria de Diego Antonio Zernadas de Castro

La Voz

LOUSAME

cedida

O volume foi realizado por Carlos García Cortés e publicado por Galaxia

24 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Carlos García Cortés, profesor emérito do Instituto Teolóxico de Compostela, é o artífice do libro editado polo Concello de Lousame que recolle a historia de Diego Antonio Zernadas de Castro, o cura de Fruíme. Na presentación do volume, o autor estivo arroupado por José Antonio Castro Lodeiro, director do devandito instituto, e por dous docentes, José Fernández Lago e Francisco Buide do Real. O escritor reclamou un Día das Letras Galegas para o lousamiano, do que dixo que escribía cun estilo ilustrado, pero tamén se preocupaba pola escolarización dos nenos e por brindar axuda aos desfavorecidos.