Lousame convoca un concurso de fotografía sobre a muller traballadora

La Voz

LOUSAME

cedida

Os interesados en participar teñen ata o 4 de marzo para enviar as súas instantáneas

16 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Nós compartimos... e ti? é o lema do concurso de fotografía que convocou o Concello de Lousame para conmemorar o Día da Muller Traballadora. Os interesados en participar teñen ata o 4 de marzo para enviar as súas instantáneas, que deben recoller a membros da familia compartindo tarefas domésticas coas mulleres, ao Facebook do Concello a través dunha mensaxe privada, ao correo igualdade\concellodelousame.gal ou ao número 689 126 385 vías wasap.

Gañará a imaxe con máis me gusta e levará un cartón regalo de tres días nun recuncho único. Tamén se sorteará un obsequio entre as persoas que participen nas votacións, consistente nunha escapada.