Cabalos mostrencos tamén sucumben aos encantos da praia de Carnota

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARNOTA

Tamara Sánchez Ribadas

Correron todo o areal e puxeron rumbo a Lira, despois de bañarse e gozar da praia

22 jul 2021 . Actualizado ás 22:03 h.

Baixaron e subiron polo mesmo sitio, bañáronse na parte do río, beberon, correron todo o longo do areal e regresaron por onde chegaran, pondo rumbo a Lira. A praia de Carnota, Boca do Río, é unha das máis fermosas de Galicia. Está considerada ademais como a máis longa da comunidade e ten numerosos visitantes. Entre eles, estes tan especiais, cabalos mostrencos: un exemplar adulto e un novo. Foron gravados por Tamara Sánchez Ribadas