Un lume nuns colectores industriais en Cabo de Cruz estivo a piques de provocar un incendio forestal

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BOIRO

Bombeiros de Boiro

A rápida actuación dos servizos de urxencias evitou que as chamas afectasen á zona de monte

02 ago 2021 . Actualizado ás 17:36 h.

Un lume rexistrado este luns nuns colectores industriais ao lado dunha fábrica en Cabo de Cruz estivo a piques de provocar un incendio forestal. A rápida actuación dos servizos de urxencias evitou que as chamas saltasen á zona de monte. Os bombeiros de Boiro chegaron ao lugar cando efectivos de Protección Civil xa estaban a tratar de extinguir o incendio. Lograron controlalo e arrefriar a zona antes de que se producisen males maiores. 

Tamén participaron no operativo axentes da Garda Civil e da Policía Local de Boiro, ademais de bombeiros forestais da Xunta.