Táboas baixo a choiva en Barraña

p. bretal RIBEIRA / LA VOZ

BOIRO

MARCOS CREO

A falta de precisión condenou aos locais, nun duelo que lideraron

17 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Un tropezo no peor momento posible, pero un punto á fin e ao cabo. Este é o resumo do resultado dun duelo pasado por auga en Barraña, no que os locais mereceron máis do que acabou indicando o estéril marcador final (0-0). Ao Boiro escapóuselle un encontro que comezou dominando e no que o alto nivel de intensidade de ambos os bloques acabou transformándoo en puro fútbol directo, con moito contacto.

Tras uns minutos de tenteo, o Sigüeiro deixou claro que non vendería a súa pel barata e apostou por un esquema baseado nunha férrea defensa coa que anular a calidade individual de boiristas como A Maxia, Changui ou Rubén. Pola súa banda, os de Luis Santiago fabricaron ocasións, pero a falta de precisión deixou patente que era necesario unha reconfiguración, que chegaría ben entrada a segunda parte.

Compases finais

Tras a expulsión de Juan Castro, o Boiro optou polo repregamento de Changui por Pablo Vidal, ao que se sumarían as entradas de Fran Pena por Saviola e de Ramos por Rivas. O axuste funcionou e os locais fixéronse claramente coa batuta de novo, pero nin con esas acharon fortuna nas mallas rivais.

Foi nos últimos compases cando máis se enturbou o partido, que finalizou cun saldo de once cartolinas, sen maior pena nin gloria para dous bloques que buscaban algo máis neste duelo.

A ficha

Alberto, Paco, Dani Conde, Cardeñosa, Diego Rivas (Ramos, min 75), Cea, Kuman, Saviola (Pena, min 78), Óscar A Maxia, Changui (Pablo Vidal, min 63) e Rubén  

Dacuña, Jacobo, Mateo (Amigo, min 69), Borja, Juan Caneda, Juan Castro, Colón (Astray, min 62), Albor, Adán, Andrés (Darío, min 53) e Jose Caneda (Pena, min 83)

Árbitro: Rubén Calviño. Sacou amarelas aos boiristas: Rubén, Paco, Kuman e Óscar A Maxia. Tamén amoestou aos visitantes: Juan Castro, con dobre amarela; Albor, Juan Caneda, Pena, ao técnico Tomás Mougán e, con vermella, a Amigo.