As parroquias de Lampón e Posmarcos preparan unha peregrinación a Terra Santa

É unha viaxe de dez días que inclúe paradas en lugares como Xerusalén, Belén, Petra, Amman, Galilea, Nazareth e Tel Aviv


ribeira

Xa ten adoitados aos seus fregueses o cura Marcelino Sánchez a gozar de actividades lúdicas en grao sumo diverso, pero a que preparou para o mes de outubro coa axuda dos seus colaboradores nas parroquias de Lampón e Posmarcos podería cualificarse de luxo. Trátase dunha peregrinación a Terra Santa, que inclúe paradas noutros interesantes lugares. É unha viaxe de dez días de duración cuxa realización xa está garantida, posto que se conseguiu un grupo mínimo de persoas interesadas. A pesar diso, as inscricións permanecerán abertas unha semana máis.

A excursión arrincará o día 8 -tras unha viaxe con varias escalas na xornada anterior- con visitas a Xerusalén, que ten o Monte das Oliveiras, o Museo de Israel e o Muro das Lamentacións entre os seus principais puntos de interese, e a Belén, onde se atopa a basílica da Natividade.

Petra, Amman, Galilea e Nazareth tamén figuran entre as paradas de interese dun itinerario que se pechará na Cidade Branca de Tel Aviv. Desde alí partirá o grupo, o día 16, rumbo a Boiro.

Inscricións en marcha

A esta viaxe, que inclúe traslados, guías, hoteis, comidas e entradas para os lugares incluídos no percorrido, poden sumarse todas as persoas que o desexen. Os interesados en inscribirse ten que chamar a Marcelino Sánchez (619 737 421) ou ben contactar con Manolita (981 845 625).

También ~en La Voz

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

As parroquias de Lampón e Posmarcos preparan unha peregrinación a Terra Santa