O Sigüeiro foi o primeiro campión do Vila do Son

Ribeira / a voz RIBEIRA / LA VOZ

BOIRO

MARCOS CREO

O Queiruga acabou alzando o título da primeira xornada no Emilio García

20 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Sigüeiro do mítico Juanito alzouse como o primeiro campión do Torneo Vila do Son. Celebrado no Emilio García, os de Oroso levaron a gloria tras imporse 1-0 ao Noia no primeiro encontro e empatar 1-1 co Boiro no segundo.

O duelo de maior interese, o Noia-Boiro, rematou con vitoria dos de Iván Carril, que levaron o gato á auga con goles de Manoliño e Felipe Blanco . Con marcado acento de pretemporada, e con moitas rotacións en ambos os conxuntos, os afeccionados puideron gozar de dous estilos valentes, e de dous técnicos que aproveitaron a ocasión para seguir apontoando o proxecto do novo curso.

Papel do Queiruga

Así como o Sigüeiro levou o título na segunda xornada, o éxito na primeira foi para o Queiruga, que deu un auténtico recital durante os encontros do sábado. Os rapaces de Ton Romero venceron por 2-0 ao Baroña, con tantos de Riveiro e Diego Montádevos.

No terceiro encontro, os de Goirís levaron a vitoria con dúas novas poutadas do artilleiro Diego Montádevos e co definitivo 1-3 logrado por José Milleiros, quen aproveitou a súa velocidade para marcar á contra.