Unha trintena de locais participarán na Noite Aberta da ABE

ribeira

BOIRO

DANI GESTOSO

Os comercios abrirán as súas portas ata as 24.00 horas

24 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Mañá terá lugar unha nova edición da Noite Aberta que organiza a Asociación Boirense de Empresarios, e á que este ano se suman 28 comercios. Abrirán as súas portas ata as 24 horas e haberá descontos especiais todo o día. Ademais, grazas á colaboración do Concello, instalaranse inchables na praza Galicia e actuará a compaña Funky Party.