Abi e Manu alongaron o refacho dun Boiro que segue crecendo

S. Gómez

BOIRO

MARCOS CREO

Cun fútbol valente e atractivo, os de Vista Alegre tombaron ao Conxo

13 mares 2019 . Actualizado ás 12:54 h.

Tras un inicio titubeante, no que as constantes baixas de xogadores foron o gran escollo, o Boiro reafirmouse no seu xogo para asentarse no grupo tranquilo da Liga Galega. Cun fútbol valente e atractivo, os de Vista Alegre tombaron ao Conxo con goles de Abi e Manu, tantos que lles permiten seguir crecendo e comezar a ameazar aos equipos que se atopan na parte alta da táboa.

Contra os santiagueses, os de Manu Anxo dominaron o balón e as principais ocasións de gol. Foi, con todo, o Conxo o que golpeou o traveseiro na primeira metade na oportunidade máis clara para desfacer o empate. O 1-0 tivo que agardar ata o segundo tempo, cando Pablo Ares materializou un penalti cometido polos barbanceses.

A resposta dos brancos non tardou en chegar. Unha boa saída dos boiristas acabou cun pase atrás a Abi, que marcou a pracer.

Sentenza

Sen marxe para que o Conxo se relamiera as feridas, Manu anotou o segundo ao executar outra gran xogada combinativa de todo o equipo.

«Non temos marxe de erro, pero os últimos resultados permítennos estar preto dos de arriba. Nestes próximos tres partidos que veñen verase se podemos collelos», afirmou Pena.