Cardeñosa: «Este equipo ten que seguir medrando xornada a xornada»

O defensa boirista analizou os últimos cambios no bloque e a necesidade de gañar hoxe ante o Porriño


ribeira / la voz

O xogador do Boiro José Manuel Rodríguez Casais, Cardeñosa (A Pobra, 1986), é unha peza clave, tanto no campo como no vestiario, para manter as sensacións dun bloque que necesita gañar a toda costa o partido desta tarde, ás 16.30 horas, fronte a un Porriño colista. Os de Rubén López contarán con todos os activos, a excepción de Brais.

-¿Cal é a importancia de gañarlle hoxe ao Porriño?

-Non cabe dúbida de que é un partido importantísimo que hai que gañar contra un rival, en teoría, directo. Vémolo como un marcaxe final.

-O equipo pegou un salto, pero non se traduce en resultados.

-Si, antes do chamado tourmalet [serie de choques nos que se mediron ao Compostela, Arousa e Ferrol], é certo que tivemos unha mala racha de catro partidos, tanto no xogo como nos resultados. Sen embargo, contra o Compos ou o Arousa puidemos ganar. Tivemos empates que nos deron máis sensacións que puntos e que nos fan confiar en que o equipo é capaz de competir.

-¿Recuperouse ben da lesión?

-A verdade é que estivemos traballando moito e moi ben, por iso quero agradecerlle ao club todas as facilidades que me puxo e, por suposto, a Ecosport. Ao comezo o prazo que me deron era de tres meses e lográmolo en dous.

-A nivel defensivo asemellan máis compactos, ¿está satisfeito cos últimos cambios?

-Díxeno dende un comezo, non temos un bloque para facer alardes. O potencial do Boiro ten que vir de moi dentro: esa ilusión e compromiso, igual que os valores amosados por socios e xogadores cando se salvou economicamente o club. Estou seguro de que se traballamos así, os resultados non tardarán en chegar.

-¿Aínda estamos a tempo de ver a un mellor Boiro?

-Esta é unha das metas que nos marcamos todos os conxuntos. E iso sumado ao traballo de rodar un equipo novo, con rapaces mozos que veñen de categorías inferiores. Este equipo ten que seguir medrando xornada a xornada.

Krusadas e club chaman á solidariedade

De forma paralela ao partido contra o Porriño, os boirenses tamén librarán outra importante loita contra a desigualdade. As Krusadas e o CD Boiro aproveitaron que se aproximan as datas navideñas para colaborar coa agrupación boirense da Cruz Vermella, realizando unha campaña de recollida de material escolar. Neste senso, ambos os dous fixeron un chamamento a todos os socios e integrantes da afección visitante para que leven a Barraña produtos como: lapis, bolígrafos, cadernos, carpetas ou folios. Todo aquilo susceptible de ser necesario para un alumno e que non tivese sido utilizado ou gastado previamente.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Cardeñosa: «Este equipo ten que seguir medrando xornada a xornada»