Derrúbase unha árbore no novo paseo do río Breiro de Boiro cando era transitado por numerosos veciños

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BOIRO

DANI GESTOSO

Testemuñas presenciais aseguran que estivo a punto caerlle amais a un neno

09 dic 2018 . Actualizado ás 23:32 h.

Minutos despois das seis da tarde, unha árbore caeu sobre o paseo marítimo do río Breiro, en Boiro, cando transitaban por a paraxe numerosos veciños, aproveitando a tarde asollada. Segundo testemuñas presenciais, o exemplar, que se atopaba na beira oposta do paseo, derrubouse de forma inesperada e a punto estivo de acadar a un neno. Non é a primeira vez que se produce un feito semellante nesta paraxe, que é moi visitado polos veciños xa que discorre paralelo a unha canle que acaba de ser saneado e desemboca na praia de Barraña, onde enlaza co paseo marítimo.

As causas que puideron favorecer que a árbore se derrubase son que o exemplar era xa moi vello ou que o terreo está moi brando tras as abundantes choivas, pero o certo é que o suceso causou preocupación entre os transeúntes, algúns dos cales non saían do seu asombro porque minutos antes pasaran pola zona.

O paseo foi aberto ao público en datas recentes e forma parte dunhas obras de saneamento que inclúen un sistema de depuración a través de lagos artificiais.