Davide Salvado apúntase ao festival de Cespón

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BOIRO

A actuación terá lugar na praza de San Roque

18 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 19.00 horas • Praza de San Roque de Cespón • A asociación Abeloura de Cespón celebra hoxe a segunda edición da súa Encontro Tradicional de San Roque, que reunirá a numerosas agrupacións folclóricas da comarca e que contará tamén coa actuación de Davide Salvado. Haberá cea gratuíta e unha foliada ata que o corpo aguante.