Juan Somoza foi o vencedor da Copa Galicia de Radiocontrol

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BOIRO

CEDIDA

A próxima parada do delegado desta disciplina do Club Náutico Boiro será a regata fixada para o mes de xullo en Vilagarcía

18 jun 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O boirense Juan Somoza, Xocas, continúa entregándolle triunfos ao Club Náutico Boiro, esta vez tras levantar a Copa Galicia de Radiocontrol. «Houbo un tempo moi cambiante e estivemos catro loitando polos primeiros postos», destacou o delegado de radiocontrol do náutico boirense.

Desde o Club Náutico Boiro, o seu presidente, Manuel Fajardo, felicitaba ao gañador para destacar o que simboliza este triunfo para a súa entidade: «Para nós significa que pouco a pouco nos estamos convertendo nun referente en todo tipo de actividades náuticas». Este título sumar ao de campión galego, conquistado fai un mes en Sanxenxo.

A próxima parada de Juan Somoza será a regata fixada para o mes de xullo en Vilagarcía, durante a Semana da Vela, preparación vital para o nacional de novembro.