A Policía Local de Boiro denunciou a tres condutores por alcoholemia e a un por consumo de drogas

M.G. RIBEIRA

BOIRO

Foron interceptados nun control preventivo a pasada madrugada

24 abr 2018 . Actualizado ás 14:34 h.

Un control preventivo realizado pola Policía Local de Boiro ente as 0.10 e as 3.15 horas de hoxe na zona de Carrofeito saldouse con catro condutores denunciados, tres por estar baixo os efectos do alcol e un cuarto por consumo de drogas.

O primeiro piloto interceptado foi un veciño de Taragoña, que nas probas realizadas no etilómetro evidencial guindou un resultado de 0,44 miligramos de alcol por litro de aire expirado. Máis elevada foi a taxa que deu outro condutor, natural de Boiro, cunhas cifras de 0,67 e 0,58. Ademais, foi denunciado por circular cun vehículo que non pasou a ITV. O último positivo por alcoholemia da noite foi o dun veciño de Lousame, que deu 0,65 e 0,63 na proba que lle practicaron os axentes.

Ademais, denunciouse a unha cuarta persoa. Neste caso, trátase do condutor dun camión tráiler, residente en Vigo, que deu positivo en THC na proba de detección de drogas.