O segundo Mentoring Creativo de Boiro entra na súa recta final con novas charlas

La Voz

BOIRO

cedida

Daniel García, o xerente da tenda de moda Baldani, ofreceu unha conferencia no instituto Espiñeira

17 feb 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Unha charla que Daniel García, o xerente da tenda de moda Baldani, ofreceu no instituto Espiñeira marcou o arranque da última fase do segundo Mentoring Creativo de Boiro, un programa ideado polo departamento de Cultura co fin de que os mozos coñezan diferentes experiencias profesionais do seu municipio. Neste caso, o emprendedor falou aos rapaces sobre a súa visión do comercio local desde unha perspectiva innovadora.

O martes será Carlos Muñiz, de IN9 Eventos, o que desembarque no IES A Cachada para explicar aos alumnos en que consiste a empresa para a que traballa; mentres que o día 28, algún representante de Serarte desprazarase ao instituto Praia Barraña para impartir unha charla. Está previsto tamén que a este centro acuda, o 13 de marzo, a deseñadora de moda Diana Mirón.

Estas serán as últimas actividades da segunda edición do Mentoring Creativo. No pasado, outros seis emprendedores percorreron os institutos do municipio.