Estrea musical a cargo de Roberto Oliveira nun escaparate boirense

La Voz

BOIRO

Photographer: Gewis

O artista presentará na tenda Telarium «Mikrokosmos con présa», montaxe que o público poderá seguir desde a rúa

18 ene 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Sábado • Escaparate de Telarium (Cale Estatuto de Galicia, Boiro) • 21.00 horas • O músico Roberto Oliveira ofrecerá esta fin de semana un concerto moi especial na localidade boirense. Lonxe de subirse a un escenario á espera de que o público encha o patio de butacas, situarase tras a cristaleira dun establecemento comercial, a tenda de teas Telarium, para que os espectadores poidan seguir a súa actuación desde a rúa.

O percusionista pontevedrés especializado en música contemporánea estreará desta singular forma Mikrokosmos con présa. Trátase dun espectáculo que se sitúa a medias entre un concerto e unha intervención artística, que se presenta como unha fusión de multipercusión, electrónica e arte visual sincronizado.

Un concerto que, sen dúbida, non deixará indiferentes aos asistentes.