Catrocentos escolares de Boiro asistirán á estrea de Magín Blanco

La Voz

BOIRO

Xoán A. Soler

O venres haberá un pase aberto ao público do espectáculo «Camiño dous paxaron»

17 oct 2017 . Actualizado ás 14:31 h.

Boiro foi o lugar elixido pola compañia Urdime para a estrea do seu novo espectáculo, Camiño dos paxaros. Trátase dunha montaxe que fusiona música e interpretación e que ten como protagonista a Magín Blanco .As súas cancións son o eixo central dunha historia de superación persoal, especialmente dirixida a nenos a partir dos 5 anos. Completan o elenco a actriz Marián Bañobre, que se sitúa en escena acompañando a Magín Blanco e o seu grupo; Santiago Cortegoso, que asume a dirección; e Leandro Lamas, encargado do deseño e a imaxe. Tanto mañá como o xoves haberá dous pases, ás 11.00 horas, dirixidos a escolares, nos que está previsto que participen uns catrocentos raparigos. O venres, ás 20.00 horas, haberá unha función aberta a todo o público.