A Festa Pleiboi gañouse o tobo

a. parada / p. riveiro

BOIRO

Un local de Boiro reuniu a unha multitude nunha esmorga sen precedentes

27 ago 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O minutero do reloxo acariña xa a medianoite e, a medida que un avanza cara á boirense Abadía de San Enrique, non é difícil advertir que a tranquilidade da zona onde descansa unha bela igrexa e un camposanto cambiara radicalmente. Os coloridos fas de luz mestúranse cos neones da cabina do disyóquey, para iluminar as letras dun improvisado cartel, que versa: FestaPleiboi .

Mentres centenares de persoas conversan impacientes apurando as primeiras copas, escóitanse comentarios sobre a polémica legal que estalou esa mesma tarde coa marca do conejito. Ata que un «non estaba seguro de se este ano se faría a festa» é silenciado polo ruído xordo dun foguete que esperta fogos artificiais no ceo. Soa a música e o escenario recobra a atención con dúas gogós de corpos esculpidos. Xa non hai volta atrás, desátanse o baile, a tolemia, o voo de minisaias e varias camisas.

«É unha festa diferente, única en toda a zona», comenta o mozo Alberto Mayán, que acudiu coa súa noiva e amigos. Pero non hai conflito nin celos, pois «todos temos ollos e por mirar non hai problema».

Namentres sucédese o desfiles de sorrisos e flashes ante o photocall, así como as conversacións nas cómodas zonas de cadeiras de brazos e relax. O boirense Quin Riveiro posa cos bailaríns cunha camiseta que remienda as letras do nome da firma americana: «En Galicia o enxeño non o paran nin con conejitas».

Son as catro da mañá e chegado o ecuador da noite, e da canción, un canón de espuma refresca o ambiente, e declárase que aínda sen coellos, neste tobo ninguén baixa as orellas.