Misas, bombas e música para honrar a San Mauro

ribeira LA VOZ

A Pobra do Caramiñal

MARCOS CREO

Haberá procesión tras as misas das 12.00 e as 19.00

14 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Mañá • Desde as 9.30 horas • Parroquia de Lampón (Boiro) • A parroquia boirense de Lampón vivirá mañá unha xornada festiva para honrar a San Mauro. Desde as 9.30 horas haberá dianas e alboradas a cargo da banda de música de Caamaño, o grupo tradicional Arume e o grupo de gaitas Os Caraveiros de Palmeira. Non faltarán as misas rezadas, que terán lugar ás 9.00, 10.00, 11.00, 17.00 e 18.00 horas.

Un dos momentos álxidos chegará ás 12.00 horas, cando á misa solemne seguiralle a procesión. Á súa conclusión, haberá un concerto coas tres formacións que se encargaron de abrir o día coa súa música. Pola tarde, ás 19.00, haberá misa e procesión. Para finalizar terá lugar unha tirada de fogos artificiais.