O TSXG acollerá o xuízo de apelación polo asasinato de Yulisa Altagracia

ribeira RIBEIRA / LA VOZ

A Pobra do Caramiñal

Carmela Queijeiro

Os acusados comparecerán o vindeiro martes

16 feb 2019 . Actualizado ás 21:57 h.

Ventura Lustres e Melisa Abelleira, condenados a 19 e 18 anos de cárcere, respectivamente, polo asasinato de Yulisa Altagracia, volverán sentarse o vindeiro martes, ás 11.00 horas, no banco dos acusados, pero nesta ocasión será no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ante o que presentaron un recurso de apelación, xa que os seus avogados consideran que non hai probas suficientes que demostren a súa culpabilidade.

O pasado setembro, un xurado popular considerounos autores da morte desta veciña da Pobra, que faleceu tras recibir 36 puñaladas o 7 de xuño do 2015. Durante a celebración do xuízo ambos os imputados inculpáronse tácitamente cada un ao outra da responsabilidade dos feitos, aínda que non quedou probado cal dos dous foi o autor material do crime.

Tampouco se chegou a saber con exactitude cal foi o motivo que lles levou a acabar coa vida da muller, aínda que todo apuntaba a que foi por unha pequena débeda de drogas.