Veciños da rúa Tetuán acusan a Poalleira de provocar un incendio e roubar nun vehículo

Ribeira / a voz RIBEIRA / LA VOZ

A Pobra do Caramiñal

O lume estivo a piques de afectar a varias vivendas

17 oct 2017 . Actualizado ás 12:18 h.

Residentes da rúa Tetuán deron un paso á fronte para denunciar a situación que viven no seu barrio. Segundo apuntou un representante do colectivo veciñal, F. J. I. S., coñecido como Poalleira, provocou un incendio nunha das súas propiedades que obrigou aos propios pobrenses a apagalo por iniciativa propia.

«Tivemos que ir nós porque estaba ao carón dás casas e puido acabar en desgraza», recoñeceu un dos implicados nas tarefas de extinción, que contou co apoio doutros dous veciños. Segundo afirmou, as chamas xa acadaran unha altura duns dous metros, polo que podían afectar a outras vivendas.

O coche

Segundo afirman os residentes, que alertaron á Garda Civil dos feitos, Poalleira tamén rebentou os cristais dun vehículo que estaba aparcado preto da rúa Díaz de Rábago, do que supostamente levou varios aveños. O dono do coche, tal e como confirmou o colectivo veciñal, tamén denunciou os feitos ante as forzas de seguridade.